Wednesday 08 de May de 2024

Emisión do programa Mociradio desde o IES Neira Vilas


O programa de radio Mociradio, que realizan mozos e mozas de Oleiros a través das Casas da Mocidade, emitiuse esta mañá desde o IES Neira Vilas. Ademais dos colaboradores habituais, participaron na gravación 13 alumnos e alumnas do centro que falaron da etimoloxía das palabras, de matemáticas, de recomendacións literarias e realizaron entrevistas.

Todo o alumnado da ESO e de 1º de bacharelato participou como público.